Preguntas frecuentes
É Vevi Dental o programa ideal para o meu laboratorio ou centro de fresado?
Obviamente non che vamos a contestar doutra maneira, pero sinceramente cremos que si o é. Vevi Dental é un programa integral para a xestión do teu laboratorio ou centro de fresado. Pola súa propia natureza, é posible que inclúa funcións que non precises. Non te preocupes. Podes utilizar só aquelas características que si che fan falta ou que non che proporciona o teu software de xestión actual. Conforme o uses, verás o sinxelo que é e a vantaxe de ter toda a túa xestión integrada nun só produto. E se en cambio notas que a Vevi Dental lle falta unha funcionalidade que é importante para ti, non o dubides: ponte en contacto connosco.
Parece un software moi potente, é difícil de usar?
Ao contrario que a maioría de programas de xestión, Vevi Dental ten unha interfaz moderna, intuitiva e sinxela. Aos poucos minutos sentiraste cómodo coa práctica totalidade do programa. Como é lóxico, algunhas das súas características máis avanzadas, como por exemplo a planificación do traballo dos teus técnicos, si poden implicar un cambio na forma de traballar do teu laboratorio. Con todo, Vevi Dental permíteche empezar a usalas de forma paulatina, ao realizar de forma automática a maioría de tarefas, co que poderás usalas desde o primeiro momento, e aos poucos días dominaralas perfectamente.
Aínda non estás convencido? Só tes que probalo, ofrecémosche 30 días de proba, completamente gratuítos e sen compromiso. Verás como a produtividade do teu laboratorio mellorará significativamente en moi pouco tempo.
E se preciso axuda ou teño algún problema?
A plataforma conta cun complexo manual de usuario co que resolverás todas as dúbidas que poidan xurdirche, e se tes algún problema, pódeste poñer en contacto connosco en calquera momento. Ofrecemos un servizo de soporte integral, que inclúe atención telefónica en horario de oficina, así como un sistema de consultas ao que podes acceder directamente desde a plataforma. Se tes calquera dúbida, ponte en contacto connosco e verás como os nosos técnicos solucionan o teu problema ao momento.
Actualmente xa uso outro programa, podo mover os meus datos a Vevi Dental?
Ofrecemos un servizo de importación de datos desde o teu programa de xestión actual de forma gratuíta, sempre e cando poida ser realizado de forma automatizada e nun prazo razoable. Só tes que poñerte en contacto connosco. Os nosos técnicos estudarán o teu caso e axudaranche na migración.
Convencéstesme... Como podo darme de alta?
O Noso proceso de alta é totalmente online, e moi sinxelo. Simplemente introduce os teus datos na páxina de rexistro. Automáticamente terás acceso á nosa plataforma, e poderás probala de forma gratuíta durante os primeiros 30 días, sen ningún compromiso pola túa parte. Se estás contento e desexas seguir utilizando o produto, tes unha opción na aplicación para subscribirte ao servizo. Simplemente terás que indicar unha conta bancaria no que domicialiar as túas cuotas, e enviarnos por correo postal, nun prazo de 15 días, o mandato ou orde de domicialización, documento polo que aceptas que che fagamos cargos domiciliados.
Como vou pagar?
Ofrecémosche dúas opcións de pago: mediante domiciliación bancaria ou prepago (mediante PayPal ou Tarxeta de cŕedito/débito). Se elixes pagar mediante domiciliación bancaria, cada mes cargarase na túa conta a cuota correspondente ao mes inmediatamente anterior. E se prefires pagar mediante PayPal ou Tarxeta, ti elixes cando e cantos meses pagar, e poderás usar a plataforma sen ningún cargo adicional durante os meses contratados, podendo adquirir meses adicionais en calquera momento. En ambos casos, poderás consultar todas as túas facturas desde a propia plataforma.
E se quero darme de baixa?
Gustaríanos que non o fixeras, pero se realmente non estás contento connosco non che poñeremos ningún impedimento. Poderás facelo directamente desde a plataforma, en calquera momento. Só se che facturarán os días xa pasados. Ademáis, conservaremos os teus datos sen coste algún durante os 30 días seguintes por se te arrepintes e desexas seguir usando o produto.
Que é isto da nube?
A computación na nube ou cloud computing é un novo modelo que permite ofrecer solucións de software como un servizo. Non terás que instalar e manter o produto. Só con ter conexión a internet poderás acceder a el desde calquera dispositivo. O noso equipo de expertos encargarase de todo o necesario para que os teus datos estean dispoñibles en todo momento.
É a nube a solución ideal para a miña empresa?
Sen dúbida. O teu negocio non é a informática. O noso si. Facemos copias de seguridade diarias dos teus datos, protexémolos de ataques informáticos e virus, instalamos e mantemos os sistemas informáticos necesarios... todo para que Vevi Dental sinxelamente funcione e ti poidas dedicarte tranquilamente ao teu negocio.
Terei que pagar para gozar de actualizacións do produto?
Non. A túa cuota inclúe actualizacións continuas do produto. De feito, estamos mellorando continuamente a nosa plataforma, e sen que teñas que pagar nin instalar nada poderás gozar da nova funcionalidade ao momento.