Traballa de forma máis áxil, sinxela e intuitiva coa nova interface de VeVi Dental. Deseñamos unha experiencia pensada para facilitar o teu día a día, permitíndoche acceder á información e realizar as túas tarefas de forma máis rápida e cómoda. Todo está onde o necesitas, para que poidas dedicar menos tempo a xestionar o programa e máis tempo ao teu traballo. O VeVi de sempre. Unha experiencia mellor.
A nova interface fai que a navegación sexa máis clara e natural, facilitando o acceso ás principais funcionalidades e simplificando as tarefas habituais. Tamén optimizamos o noso modo escuro, mellorando o seu deseño e experiencia de uso para que poidas traballar comodamente en calquera contorna.
En VeVi Dental seguimos traballando para mellorar e evolucionar xunto aos nosos usuarios. Continuamos modernizando a nosa plataforma para ofrecer unha experiencia cada vez máis agradable e intuitiva, incorporando optimizacións que faciliten o traballo diario e fagan que utilizar VeVi sexa unha experiencia máis sinxela e satisfactoria.
