Nun fluxo de traballo dixital, poder visualizar correctamente os arquivos STL antes de continuar co proceso pode marcar a diferenza. Por iso, incorporamos novas melloras para que a revisión dos casos sexa moito máis completa e práctica, especialmente cando un traballo está composto por varios ficheiros que precisan analizarse conxuntamente.
Unha das principais novidades é la posibilidade de engadir varios arquivos STL á vez, o visor está dispoñible tanto para os técnicos dos laboratorios como para que as clínicas poidan revisar os deseños realizados dentro dunha mesma escena. Isto permite deixar de revisar cada ficheiro por separado e comprobar dunha ollada como se relacionan entre eles: como se complementan, se encaixan correctamente ou se existe algunha diferenza que poida ser importante antes de continuar co traballo.
Tamén melloramos a propia visualización, incorporando novas texturas e opcións de cor que facilitan distinguir os diferentes elementos e entender mellor o conxunto. Ademais, o visor permite aproveitar a información da montaxe presente en ficheiros como Model Info, Construction Info, e outros, facilitando a consulta dos modelos e ficheiros que forman parte do caso.
O obxectivo destas melloras é sinxelo: facilitar o traballo e a comprobación dos ficheiros antes de continuar co proceso. Unha boa visualización permite detectar posibles erros, comprobar que as pezas están correctamente relacionadas e ter unha visión máis clara do caso. En definitiva, o noso visor evoluciona para ofrecer unha forma máis cómoda e completa de revisar os traballos en 3D.
