Blog

A facturación electrónica de Francia xa está dispoñible en Vevi Dental

Publicado o 03/07/2026 por vevidental

A facturación electrónica en Francia será obrigatoria a partir de setembro de 2026. Para facilitar esta adaptación, Vevi Dental integra a conexión coa DGFIP (Direction Générale des Finances Publiques), permitindo aos nosos clientes comezar a traballar con este novo sistema desde agora e afrontar o cambio con total tranquilidade.

Grazas a esta nova funcionalidade, os usuarios de Vevi Dental poden recibir e descargar as súas facturas directamente desde a plataforma, centralizando toda a información nun único lugar. Ademais, poden revisalas e importalas para xestionar e controlar os seus gastos de forma máis sinxela. Isto non só simplifica a xestión documental, senón que tamén mellora o control administrativo, reduce erros e axiliza os procesos do día a día, evitando ter que utilizar varias ferramentas.

Aínda que a obrigación legal non entrará plenamente en vigor ata setembro, a recomendación é clara: canto antes se comece a utilizar este sistema, máis sinxela será a transición. Adiantarse permite familiarizarse co novo funcionamento, adaptar os procedementos internos e asegurarse de que todo estea preparado cando a normativa sexa de obrigado cumprimento.

En VeVi Dental seguimos evolucionando para que os nosos clientes estean sempre un paso por diante dos cambios do sector. A integración coa DGFIP é unha mostra máis do noso compromiso por ofrecer ferramentas que non só faciliten o traballo diario, senón que tamén axuden a cumprir coas novas obrigacións fiscais dunha forma sinxela, segura e sen complicacións.

Se tes calquera dúbida sobre esta integración ou como comezar a utilizala, o noso equipo estará encantado de axudarche.

 

Volver ao blog