Estamos totalmente convencidos de que escoitastes moito sobre VeriFactu ao longo do último ano. Esa nova lexislación que afectará de forma directa á maneira en que os sistemas informáticos xestionan as facturas e que leva xa un tempo cociñándose a lume lento. Pero en VeVi Dental, como imaxinades, xa o temos todo preparado con antelación.
Aínda que a adhesión á normativa aínda non é obrigatoria, todos os clientes de VeVi Dental podedes aplicala na vosa plataforma de forma voluntaria. Tan só tedes que solicitarnos a súa posta en marcha a través das vías de comunicação habituais e aplicarémolo na vosa conta activa.
Pero, en liñas xerais, que é VeriFactu? Segundo a Axencia Tributaria, trátase do “regulamento que establece os requisitos que deben adoptar os sistemas e programas informáticos ou electrónicos que soporten os procesos de facturación de empresarios e profesionais”. O obxectivo principal da norma é, tal como se indica, “evitar ou dificultar e detectar que se poida cometer fraude” con ditas operacións.
Ademais disto, búscase contribuír a “estandarizar e modernizar os sistemas informáticos empresariais”, favorecendo o intercambio de información fiscal e simplificando a comunicación directa coa Administración. Como colofón, “reducirá significativamente a competencia desleal da que se aproveitan os que defraudan fronte aos que cumpren” co seu deber tributario.
A nova normativa VeriFactu non será obrigatoria ata dentro duns meses, pero tedes a opción de adiantarvos á súa saída grazas a VeVi Dental. Simplemente tedes que comentarnos que desexades activala e, a partir dese momento, comezaredes a facturar con comunicación directa coa Axencia Tributaria.
