Como xa sabedes, unha das prioridades de VeVi Dental sempre foi consolidarse como un programa de xestión coa máxima seguridade. Agora imos un paso máis alá: xa podedes configurar a autenticación de dobre factor, o método que garante o teu acceso exclusivo ao perfil de administración incluso cando máis persoas coñezan as credenciais para entrar na mesma.
Tras moitos anos conversando convosco, sabemos que nos vosos laboratorios adoitades crear accesos diferentes para o centro de traballo (encargado, técnico, supervisor, etc.). Neste sentido, a autenticación de dobre factor asegura unha capa de seguridade adicional para que existan varias maneiras de identificarse.
Todo o proceso, como sempre en VeVi, é do máis sinxelo. Os únicos requisitos para iso son entrar ao teu programa de xestión co correo electrónico e o contrasinal da conta de administración e empregar unha aplicación TOTP (algoritmo de contrasinal dun único uso) no voso móbil. Por se fose pouco, esta autenticación tamén se pode configurar nos accesos de cliente que lles permitides.
En apenas uns minutos, un teléfono e un segundo correo electrónico teranse engadido como instrumentos de recuperación da conta, aumentando desa forma a seguridade de acceso á mesma. É a opción perfecta para protexer o teu programa de xestión diaria como nunca fixeras ata o momento.
