Blog

Medit e Vevi Dental intégranse para optimizar o teu fluxo dixital

Publicado o 20/09/2023 por vevidental

Manterse na vangarda dos avances tecnolóxicos sempre se atopa entre as prioridades de VeVi Dental. Foi un dos piares no noso nacemento e seguirao sendo de forma permanente. Neste sentido, queremos presentarvos a nosa última novidade, relacionada con un dos dispositivos electrónicos en maior crecemento de uso nos últimos tempos, o escáner intraoral.

Como sabedes, trátase dunha ferramenta que reproduce as estruturas da cavidade oral con imaxes en 3D, creando un arquivo dixital que facilita o traballo en todo o proceso. E VeVi acadou un acordo con Medit, unha das empresas máis fortes do sector, que facilita estas tarefas no voso programa de xestión.

Grazas a esta colaboración entre dous líderes nos seus mercados, poderedes acceder directamente a dita información en VeVi de forma máis rápida e eficaz: cando a clínica rexistre o escaneo na plataforma de Medit, o ficheiro aparecerá no voso software de laboratorio de forma automática, sen necesidade de ter unha sesión aberta tamén no outro programa. Así de áxil e así de inmediato.

No caso de que teñades algunha dúbida sobre esta nova integración, así como a dispoñibilidade en función de cada plan, o noso equipo de Soporte está sempre á vosa disposición para todo o que precisedes.

 

 

Volver ao blog