En VeVi somos moi conscientes do poder que adquiriron as redes sociais nas últimas décadas. Ferramentas con enormes capacidades para crear, conectar, informar ou entreter. Por iso, queremos presentarvos a nosa nova imaxe nestas plataformas baixo a marca VeVi Care.
Desde xa mesmo podedes coñecer moito máis sobre a nosa empresa e os nosos servizos a través das respectivas contas en Facebook e Instagram. Descubriredes aspectos relevantes sobre as posibilidades dos nosos programas e tamén outra información relacionada co mundo da odontoloxía en xeral.
Anímate a seguirnos e mergúllate nun universo de novas experiencias: noticias de última hora sobre o sector, curiosidades sobre o traballo que te apaixona, entretidas enquisas para poñer a proba o teu coñecemento e, por suposto, todas as vantaxes que VeVi pode ofrecerche na xestión do día a día.
Se dispós de algunha conta nestas plataformas, non esperes máis e súmate a unha listaxe de seguidores que non deixa de crecer. Ademais, teñas a cota que teñas e uses o VeVi que uses, os novos seguidores de aquí ao 30 de setembro entran nun sorteo de seis meses GRATIS!.
Estade moi pendentes, porque nos vindeiros meses enterarédesvos de máis sorpresas...
