Cada día sodes máis os laboratorios interesados na innovadora App móbil de VeVi Dental, deseñada para mellorar o traballo diario do voso centro e o dos vosos clientes. Pero no noso equipo sempre hai marxe para máis. Por iso e tras recoller as vosas últimas solicitudes e suxestións, presentamos a nova versión da aplicación que impulsará o voso negocio aínda máis.
A App mantén todas as súas funcionalidades para o seguimento e pedido dos traballos, a descarga de documentación ou a comunicación en tempo real a través de textos, imaxes e a recepción de notificacións push.
Pero é que ademais e desde xa mesmo disporedes dun acceso aos anexos CAD/CAM de cada traballo e poderedes ofrecer ás vosas clínicas a posibilidade de que asinen a recepción dos seus traballos.
Todo iso mentres cumprides ao pé da letra co Regulamento Xeral de Protección de Datos, un aspecto innegociable en calquera das nosas plataformas.
Se ben a App é unha parte importante da última versión, veredes que tamén implementamos outras melloras nas exportacións e importacións de datos, na capacidade para categorizar os gastos automaticamente ou incluso engadindo a tradución ao italiano.
Se aínda non activaches a App para axilizar a comunicación cos teus clientes, non esperes nin un minuto máis e contacta co noso teléfono de Soporte, o 981221466, para activala. Os teus clientes poderán descargala completamente de balde na tenda de aplicacións do seu dispositivo móbil.
Blog
A App de VeVi Dental renóvase. Agora máis e mellor
Publicado o 07/06/2022 por vevidental
