Blog

Despreocúpate do seguimento poscomercialización coa nova posta a punto de VeVi Dental

Publicado o 23/08/2021 por vevidental

Un dos compromisos ineludibles de VeVi Dental como programa de xestión foi (e seguirá sendo) o cumprimento de calquera lexislación vixente para laboratorios de próteses ou centros de fresado. Así, o software líder do mercado permite que te esquezas da Declaración de conformidade, as etiquetas identificativas ou os documentos que recollen os compoñentes de fabricación. Ti céntraste no traballo e VeVi encárgase de todo o demais para ir contigo en paralelo.

Como os regulamentos son cambiantes, o teu programa de xestión tamén evoluciona. E neste sentido, o Novo Regulamento (UE) 2017/745 leva vixente desde finais do pasado mes de maio, referido ao seguimento dos produtos sanitarios comercializados. Si, imaxinaches ben: VeVi cumpriu cos requisitos do mesmo desde o seu pistoletazo de saída.

Para que todo vos quede cristalino, unhas pinceladas. Por un lado, a norma reclama un seguimento poscomercialización de cada produto fabricado. En VeVi poderedes incluír esta información ou outras incidencias da forma máis cómoda imaxinable, para que todo o proceso estea a cuberto baixo un paraugas legal.

Por outro lado, tamén se solicita un informe periódico actualizado de seguridade (seguro que xa che soa iso do PSUR) para todo produto comercializado co fin de presentar as conclusións do traballo, posibles modificacións ou incluso problemas co resultado final. Como vén sendo habitual e con apenas un par de xestións, VeVi Dental automatizará estas tarefas.

Outro detalle, antes da entrada en vigor desta norma o software ya incluía as localizacións nas que se fabricasen as próteses como parte destacada do proceso de externalización. É só outro exemplo de que con VeVi vas por diante, pois seguimos traballando por e para vós cada día :)

Volver ao blog