Desde o seu mesmo nacemento, un dos obxectivos fundamentais de VeVi Dental foi (e será) o de facer máis fácil o voso traballo diario no laboratorio. Permitir que vos centredes por completo nas tarefas protésicas e deixar a un lado as propias da xestión. Para isto último xa está VeVi, que segue optimizando funcionalidades na súa última versión.
A comunicación directa cos vosos Clientes a través dos seus accesos ao programa é un aspecto clave nas operacións con VeVi Dental. Desde aí, clínicas e profesionais poden levar a cabo múltiples accións, desde enviar os seus novos pedidos ou actualizar a información dos xa existentes por medio do chat ata controlar que traballos deben chegar á clínica cada día. Agora falemos de novidades.
Desde xa mesmo, o voso VeVi Dental está actualizado para limitar o envío de Traballos cando non se cumpran unhas restricións concretas sobre días mínimos, evitando así solicitudes incoherentes coa nosa forma de traballar. Para que dita funcionalidade opere correctamente, só se precisa un requisito: ter configurado a Planificación automática para que nas Fases figure o número de días que se necesitan en cada caso.
Como sempre, para probar esta nova función só teredes que activala nas opcións para o Acceso de clientes. Nós seguimos, e prometemos que novas funcionalidades están en camiño para aterrar no voso VeVi Dental moi pronto.
