Blog

Traspasa fronteiras co teu laboratorio grazas á última versión de VeVi Dental

Publicado o 04/02/2021 por vevidental

Ata a meta máis grande se acada paso a paso. Así continúa a súa andaina VeVi Dental, incorporando continuamente diferentes funcionalidades para seguir sendo o programa de referencia para a xestión de laboratorios dentais que é a día de hoxe. Dentro do noso infatigable compromiso por seguir medrando, este 2021 achégavos interesantes novidades.

As imaxes e os ficheiros son xa un elemento fundamental para o voso traballo e VeVi sábeo. Por iso, dispoñedes da posibilidade de comezar a posta en marcha dos vosos casos precisamente partindo de calquera tipo de anexo, que quedará incorporado nos apartados correspondentes aínda tendo adxuntado todo comprimido nunha mesma carpeta. Como de costume, o procedemento é do máis sinxelo e intuitivo.

Por outro lado, cada vez máis laboratorios están rompendo fronteiras e ampliando as súas redes profesionais cara a outros países. Este é o motivo polo que o voso software de xestión xa inclúe a posibilidade de presentar os vosos produtos en varios idiomas para que poidades dar acceso con toda tranquilidade e eficiencia a calquera cliente.

En definitiva, dúas novas funcionalidades que vos abren máis posibilidades e que encaixan coa continua procura da excelencia por parte de todo o equipo que traballa en VeVi Dental. Isto é tan só un anticipo do que se aveciña ao longo deste ano.

 

 

Volver ao blog