Desde o seu nacemento e ata as súas máis recentes versións, VeVi Dental apostou decididamente pola interacción entre laboratorio e clientes/as como un dos seus eixes principais. Unha vinculación sinxela e eficaz, cuxo resultado é un traballo máis cómodo e produtivo para todas as partes implicadas. Agora, coa nosa nova funcionalidade, as posibilidades neste sentido elévanse aínda máis.
O Asistente é unha funcionalidade destinada a que o cliente do laboratorio poida realizar o pedido dunha forma máis guiada e estruturada seguindo as directrices marcadas polo centro. Despois de que este último teña configurado certos elementos nos seus Produtos, o proceso de pedido transfórmase completamente.
Agora, baixo esta ferramenta, a solicitude seguirá os pasos específicos que o laboratorio preparou e terá que cubrir obrigatoriamente aquela información que o laboratorio así esixa (data de proba, arquivo para fresado, cor...). O proceso de pedido pasará por unha orde establecida de subapartados á que o cliente se habituará de inmediato e implicará que ao laboratorio non lle falte nada para poñerse mans á obra de inmediato.
En calquera caso e xa que se trata dunha novidade con múltiples opcións, o noso Equipo de Soporte estará á vosa disposición para poder explicarvos as posibilidades e características desta nova funcionalidade.
Blog
Impulsa a comunicación entre o laboratorio e os clientes co Asistente de VeVi Dental
Publicado o 09/10/2020 por vevidental
