Blog

Achégate aos teus clientes coas campañas de comunicación de VeVi Dental

Publicado o 13/07/2020 por vevidental

VeVi Dental eleva as súas posibilidades de comunicación ao seguinte nivel. A última actualización do programa inclúe a opción de configurar campañas de comunicación, unindo os beneficios habituais: facilidade na súa configuración e máxima produtividade en todo o proceso para as partes implicadas, isto é, o laboratorio e os seus clientes.

En cuestión de minutos e tras uns sinxelos pasos teremos listo o texto informativo que desexamos transmitir a clínicas ou doutores/as. Ademais, contaremos con múltiples opcións sobre a forma de envío, as datas do mesmo ou os elementos que enriquecen o comunicado, como adxuntos ou ligazóns.

Por se fose pouco, VeVi Dental permitirá acoutar a busca de forma personalizada para seleccionar os/as clientes/as a quen queremos facer chegar a nosa campaña. Así, poderemos elixir entre unha listaxe completa ou persoas específicas grazas a diversos parámetros incluídos nas súas fichas.

Como colofón a esta tarefa, o programa ofrece tamén a posibilidade de levar a cabo un seguimento da campaña para coñecer o grao de éxito da mesma. Todo un proceso co selo de VeVi Dental, cuxa última actualización vos achega máis e máis aos/ás profesionais cos/coas que traballades no voso día a día.

Volver ao blog