VeVi apuntala o seu espazo didáctico neste 2020. Tres meses e tres novas convocatorias ao longo do ano nos que VeVi Academy volverá a converterse no escenario formativo de referencia para o sector dental, co mesmo obxectivo de sempre intacto: potenciar o crecemento de todos os asistentes.
Grazas á experiencia acumulada durante anos e tendo asesorado a miles de empresas tanto en España como noutros países, o equipo de VeVi volve abrir as portas da súa aula para optimizar a xestión e os recursos dos laboratorios presentes, espremendo ao máximo as posibilidades do software máis innovador e seguro do mercado, VeVi Dental.
Planificación manual, trazabilidade, control de gastos, xestións avanzadas, automatizacións... Estas e outras moitas cuestións serán tratadas baixo un diálogo permanente entre ambas as partes, coa intención de modernizar o traballo de cada día e así aumentar os beneficios.
A primeira destas convocatorias terá lugar en dous sábados consecutivos de maio, os días 23 e 30. Pero máis adiante celebraranse outras dúas máis extensas nos meses de setembro e outubro. Como vén sendo habitual nestas formacións personalizadas, o número de prazas será limitado para cada unha destas datas.
Para obter toda a informação dispoñible sobre a nova edición da VeVi Academy pódese empregar a vía telefónica, contactando co 981 221 466, ou a través do correo electrónico ventas@vevidental.com. Agardámosvos na Coruña!
Blog
VeVi Academy renova neste 2020 a súa decidida aposta pola formación de primeira categoría
Publicado o 12/02/2020 por vevidental
