Blog

VeVi Dental potencia as súas opcións de comunicación na nova versión do programa líder do mercado

Publicado o 28/11/2019 por vevidental

Como xa se anticipara na anterior entrada deste blog, VeVi Dental continúa apostando decididamente pola comunicación como un dos puntos fortes do programa de xestión de laboratorios líder no mercado. Neste sentido, queremos lembrar a recente actualización da nosa App para móbiles e tabletas, dispoñible para clínicas, doutores ou repartidores.

A principal novidade desta última versión é la posible configuración de notificacións push en todo momento, coma se se tratase dun correo electrónico. As pantallas dos diferentes dispositivos mostrarán eses avisos ao instante, co conseguinte aumento da produtividade para todas as partes implicadas no proceso laboral.

Por outra banda, VeVi Dental tamén potencia as súas posibilidades en canto ao correo electrónico. Coa última versión do voso software de referencia, atoparedes a funcionalidade para configurar servidores propios para os diferentes documentos xerados no programa, xa sexan facturas, albarás, orzamentos…

Xa por último, pero non menos importante, é o feito de que VeVi Dental continúa construíndo pontes cos seus clientes ao longo do globo. Así, ademais das xa existentes traducións do programa ao galego, ao catalán, ao inglés, ao francés e ao portugués, os/as usuarios/as que o desexen poderán traballar desde xa mesmo co seu programa en italiano.

Volver ao blog