En VeVi Dental somos moi conscientes do camiño que tomaron as comunicacións humanas. Por iso, o voso programa de referencia na xestión de laboratorios presenta a súa nova e potente App para móbiles e tabletas, dispoñible en dispositivos Apple e Android e que poderán utilizar tanto as clínicas ou doutores (os clientes) como os repartidores ou mensaxeiros.
Con respecto aos primeiros, terán acceso aos orzamentos, os traballos (en curso e realizados) ou as facturas, entre outras moitas funcionalidades. Desde calquera deses apartados poderán levar a cabo múltiples accións, como visualizar probas, comprobar mensaxes, observacións ou prescricións, extraer os documentos asociados e incluso solicitar novos pedidos.
Moi relacionado con todo o anterior, unha das principais misións desta App é perfeccionar o contacto entre doutor/a e laboratorio. O envío de fotografías, ficheiros ou textos en tempo real xera unha comunicación "viva" que repercute en mellores traballos no día a día; grazas a ela nin vos acordaredes do Whatsapp e cumpriredes en todo momento co Regulamento Xeral de Protección de Datos, un detalle fundamental que outras aplicacións non garanten.
En canto aos empregados, o menú principal adáptase ás súas necesidades. Así, disporán dun acceso para coñecer os envíos e recollidas, con capacidade desde o seu propio móbil para marcalos como enviados ou entregados. Estes elementos, ademais, poderán organizarse seguindo diversos criterios, como a data ou o código dos mesmos.
Por se fose pouco, a App de VeVi Dental permitirá a uns e outros configurala para recibir notificacións push en todo momento, como se dun correo electrónico se tratase. Ditos avisos aparecerán ao instante nas pantallas dos seus dispositivos, aumentando a velocidade e a produtividade dos procesos para todas as partes implicadas.
Por suposto, ao igual que sucede co software principal, esta innovadora ferramenta experimentará futuras actualizacións para potenciar aínda máis as funcionalidades da súa versión móbil. Se xa es un laboratorio usuario de VeVi Dental, chámanos ao 981221466 para activala. E se es unha clínica, un/a doutor/a ou repartidor, descárgaa xa totalmente gratis na túa tenda de aplicacións!
Blog
Espreme o poder de VeVi Dental no teu móbil coa App para clínicas, doutores/as e repartidores
Publicado o 20/09/2019 por vevidental
