É a época estival e as temperaturas dispáranse. Pero o traballo en VeVi Dental nunca descansa e, por iso, máis e máis novidades chegan ao voso software de xestión de laboratorios para aumentar a comodidade e a produtividade en cada xornada laboral. Como sempre, non hai que solicitar nin actualizar nada de forma manual. Sinxelamente, as últimas funcionalidades “están aí”.
Ata agora, entre as múltiples opcións dispoñibles para executar sobre un traballo atopábase a posibilidade de dividilo por cada produto ou conceptos que formasen parte del. Con esta nova versión, existe tamén a alternativa de realizar a acción á inversa; é dicir, volver fusionar traballos que nalgún momento e por diferentes motivos, se orixinaron nunha división.
Por outro lado, a trazabilidade e o control de stock atópanse entre as túas tarefas máis habituais. Neste sentido, xa podes configurar o programa para que reste directamente do stock dos lotes existentes a partir da composición de materiais que teñamos preparado para cada produto. Desta forma, as existencias dos materiais actualizaranse de maneira automática presentando así unha información máis real e actualizada.
Por se fose pouco, a facturación por centros tamén experimenta unha considerable mellora. As opcións e as posibilidades que se engaden neste apartado permitirán axilizar todo o proceso, unha das premisas do programa de referencia na xestión de laboratorios dentais. Un software que desde xa mesmo se prepara para lanzar outras moitas novidades na súa próxima actualización.
Blog
Refresca o teu laboratorio coa última actualización de VeVi Dental
Publicado o 22/07/2019 por vevidental
