O espazo didáctico de referencia para o sector dental abre as súas portas de novo. VeVi Academy celebrará proximamente unhas xornadas repartidas entre os meses de setembro e outubro, co claro obxectivo de volver transformar a súa aula no escenario idóneo que permita o crecemento e a optimización produtiva de todos os laboratorios asistentes.
Como vén sendo habitual no evento, promoverase a formación personalizada e o intercambio de experiencias con cada centro, de forma que se poida sacar o máximo partido ao software máis potente e seguro do mercado; un programa que modernizará o traballo na empresa e que lle concederá acceso sen billete de volta ao próximo nivel.
A través dun diálogo permanente, o equipo de VeVi axudará aos presentes a potenciar o seu control administrativo, a xestión dos seus procesos produtivos ou a optimización dos seus recursos. En definitiva, o obxectivo será aumentar os beneficios de cada laboratorio.
Despois do éxito da última convocatoria, estas novas xornadas repartiranse en dúas fins de semana, coa intención de adaptarse á axenda dos clientes. A primeira delas celebrarase o 21 de setembro, co 31 de agosto como data límite para a preinscrición, e a outra sesión terá lugar o 19 de outubro, podendo reservar a asistencia ata o 23 de setembro.
Co obxectivo de garantir unha formación de primeira categoría, as prazas de VeVi Academy son limitadas. Poderán dispoñer de toda a información sobre o evento chamando ao 981 221 466 ou enviando un correo electrónico a ventas@vevidental.com.
Blog
A Coruña acollerá unha nova edición de VeVi Academy en setembro e outubro
Publicado o 11/07/2019 por vevidental
